Vicia
Vicia
[PLANTA]
Xénero de plantas herbáceas, anuais ou perennes, ás veces gabeadoras, da familia das fabáceas, con follas alternas e paripinnadas, as flores aparecen solitarias ou dispostas en acios axilares e froito en legume oblongo e comprimido. Comprende unhas 160 especies, e en Galicia danse as especies V. sativa, V. hirsuta, V. villosa, V. tenuissima, V. lutea, V. sepium e V. narbonensis, entre outras.