vicio

vicio

(< lat vitĭu)

  1. s m

    vezo.

  2. [RELIX]
    1. s m

      Incapacidade para o ben e disposición habitual para as accións contrarias ao ben e á lei moral.

    2. vicio capital

      Nome dado tradicionalmente aos pecados capitais considerados non na individualidade do acto, senón como hábito.

  3. s m [PSIC]

    Modalidade de comportamento habitual referido á bebida, sexo, drogas e xogo, que non respecta as normas sociais.

  4. s m

    Exceso de condescendencia con que se forma ou educa unha persoa ou animal.

  5. s m [PAT]

    Defecto, imperfección ou anomalía, especialmente aqueles que teñen carácter conxénito ou definitivo.

  6. [DER]
    1. vicio de/na forma

      Expresión que nunha resolución ou proceso xudicial designa a falta de proposición non contida ou a falta dalgúns presupostos de orixe ou formais. En ambos os dous casos pode ter lugar a presentación de recurso de casación, por infracción da lei e por defecto de forma, respectivamente, a existencia do que comporta que o negocio sexa anulado.

    2. vicio do consentimento

      Alteración do consentimento nun contrato por erro, violencia, intimidación, dolo ou lesión.

    3. vicio oculto

      Defecto non manifesto que ten unha cousa vendida ou alugada e que non fai minguar o valor. Pode paliarse co saneamento.

    4. vicio redhibitorio

      icio oculto que pode dar lugar á rescisión da venda. A acción redhibitoria para a rescisión dos contratos prescribe ao cabo de seis meses.

Refráns

  • A cabra, co vicio, no cu dá cos cornos.
  • O que non fuma nin bebe viño, lévallo o demo por outro camiño.
  • O que non fuma nin toma tabaco, lévallo o diaño por outro buraco.
  • O vicio trae o fornicio.
  • Vezo collerás que despois non quitarás.
  • Vezo poñas, que vezo quites.
  • Vicio collas que non tollas.
  • Vicios collas que non tollas.

Palabras veciñas

viciado -da | viciar | Vicinte | vicio | vicioso -sa | vicisitude | Vicker, ensaio de