Victoria
Victoria
Estado do SL de Australia (227.600 km2; 4.644.950 h [2001]). A capital é Melbourne. Consta dun litoral chan interrompido por ondulacións, unha zona montañosa (1.000-2.000 m), no S da Great Dividing Range, e no N o val de Murray. Ten un clima temperado, húmido no litoral e máis seco no interior. Cultívase trigo e orxo e destaca como produtor de froita en conserva e de tabaco. Ten industria diversificada. En 1835 uns colonos de Tasmania fundaron Melbourne, e o territorio formou parte da colonia de Nova Gales do Sur. Autónoma desde 1851, en 1901 entrou a formar parte da Commonwealth de Australia.