vicuña
vicuña
(< quechua vicunna)
-
s
f
[ANIMAL]
Mamífero artiodáctilo, de ata 1 m de altura, co corpo cuberto de la, sen corcova, coas orellas longas e dereitas e o rabo curto. É un animal silvestre, gregario e territorial. Habita nas chairas dos Andes, en altitudes que van dos 3.000 aos 5.000 m. Esténdese desde Ecuador ata o N de Chile e Arxentina.
-
s
f
La deste animal.
-
s
f
[TÉXT]
Tecido que se fabrica coa la da vicuña.