Vida

Vida
[PUBLIC]

Revista publicada na Coruña entre xullo de 1920 e setembro de 1921 (nº 5). De carácter cultural e vangardista, incluíu artigos sobre todo tipo de temas (historia, arte, deportes, viaxe ou música), ademais de ilustracións e colaboracións literarias. A súa aposta pola vangarda sería herdada pola revista Alfar.

Refráns

  • A boa vida engurras tira.
  • A boa vida non quere présa / présas.
  • Á curta ou á larga todo acaba.
  • A máis vivir, máis sufrir.
  • a morto á mortalla e o vivo á fogaza.
  • a morto no cemiterio, o vivo no candieiro.
  • ande vivan cen, vive ti tamén.
  • ande vivires fai como vires.
  • Así duras, como te curas.
  • Bebe pouquiño, come a fartar, durme no alto e así vivirás.
  • Bo é vivir para ver o que ha vir.
  • Cabalo de andadura pouco dura.
  • Cada un vive como pode e como o deixan vivir.
  • Cada un vive como pode e non como quere.
  • Cal é a vida tal é a morte.
  • Cal te curas, así duras.
  • Coa vida fanse moitas cousas, coa morte desfanse todas.
  • Come leite e bebe viño e, de vello, seráS mociño.
  • Como se vive, mórrese.
  • Detrás deste mundo virá outro.
  • Hoxe na vida, mañá na morte: ¡benia o corpo que pola alma traballa!
  • Hoxe somos e mañá non fomos.
  • Hoxe somos e mañá non seremos.
  • Hoxe somos e mañá non.
  • Irnos vivindo: aquí entropezando e alí caíndo.
  • Máis vale burro vivo que sabio morto.
  • Máis vale can vivo que león morto.
  • Máis vale cheirar vivo a merda que morto a incenso e cera.
  • Máis vale cheirar, de vivo, a merda, que, de morto, a incenso e cera.
  • Máis vale dicir aqu{ fuxeu que aqu{ mo eu.
  • Máis vale un burro vivo que un cento mortos.
  • Máis vale un mal correr que un bo morrer.
  • Media vida é a candea, pan e viño é a outra media.
  • Media vida é a candea; e o pan e o viño é outra media.
  • Menor é que digan está alá que está acá.
  • Mentres ternos vida, tamén ternos esperanzas.
  • Mentres uns viven, outros morren.
  • Morte duns é vida doutros.
  • Non esquezas que a vida tela perdida.
  • Non hai como morrer para coñece-Ia morte.
  • Non hai mellor vida que non ter nada: pasan os días, estoume na cama.
  • Non hai ningún tan vello, que non pense vivir un ano.
  • Non hai vida que non estea perdida.
  • Non hai vida sen morte nin pracer sen pesar.
  • Non quero vida nin tratos con xente espantabuxatos.
  • Non ten a vida segura o que as cousas moito apura.
  • O mozo pode morrer, pero o vello xa non está para moito vivir.
  • O pagar e o morrer, canto máis tarde poida ser.
  • O que a longa vida chega, moito vive e máis espera.
  • O que ben vive ben morre.
  • O que mal vive pouco vive.
  • O vello que se cura máis anos dura.
  • Quen ben se cura, moito dura.
  • Quen mal vive mal ha morrer.
  • Quen moito vive, moito mal recibe.
  • Quen moito vive, moito ve.
  • Quen queira chegar a vello, garde o aceite no pelexo.
  • Quen queira ser vello moito tempo, váiase con tento.
  • Quen teme a morte non disfruta da vida.
  • Se o mozo pode morrer, o vello non pode vivir.
  • Se queres chegar a vello, garda aceite no pelexo.
  • Se queres chegar a vello, sube as costas coma o vello.
  • Se queres vivir moito tempo, faite de mozo vello.
  • Segundo é a vida, así é a morte.
  • Sopas fervidas alongan a vida.
  • Tal vida, tal morte.
  • Ter sete folgos coma os gatos é un regalo.
  • Todo é vivir, ata morrer.
  • Un día de vida non é moita vida pero é vida.
  • Unha hora de vida non é moita vida.
  • Vale máis onza de boa vida que fanega de sabiduría.
  • Vale máis que digan: aquí correu que aquí morreu.
  • Vida sen amigos, morte sen testigos.
  • Vive cen anos e verás moitos desenganos.
  • Vívese como se pode e non como se quere.
  • Vivir ben, que Deus é Deus.
  • Vivir como Deus manda e morrer como Deus queira.
  • Vivir para ver e ver para vivir: ¿que máis se pode pedir?

Palabras veciñas

Vicus Film | 1 vida | 2 vida | Vida | Vida Céltiga | Vida e Acción | Vida Escolar