vigairo -ra

vigairo -ra

(< lat vicarĭu)

  1. s

    Persoa que nalgúns lugares exerce de alcalde pedáneo e que se encarga de asuntos de interese comunal.

  2. s m [HIST]
    1. Delegado nomeado polo emperador para o goberno dunha diocese, na antiga Roma.

    2. Delegado dun conde, con autoridade sobre os diferentes distritos da Marca Hispánica, durante a Idade Media. Desde o s XII considerouse representante da autoridade real.

  3. [RELIX]
    1. s m

      Eclesiástico que está baixo a autoridade do reitor nunha parroquia.

    2. vigairo apostólico

      Dignidade eclesiástica que, designada pola Santa Sé, rexe con xurisdición ordinaria os territorios onde aínda non está introducida a xerarquía eclesiástica.

    3. vigairo capitular

      Eclesiástico elixido polo cabido catedralicio para rexer unha diocese durante a súa vacante ata a elección dun novo bispo.

    4. vigairo de Cristo

      Título que se atribúe ao Papa de xeito exclusivo.

    5. vigairo perpetuo

      párroco.

    6. vigairo xeral

      Presbítero lexitimamente constituído que representa a persoa do bispo no exercicio da súa xurisdición. É un cargo que nomea libremente o bispo, e que cesa por morte, revogación ou renuncia deste.

    7. vigairo xeral castrense/dos exércitos

      Delegado apostólico que exerce plena xurisdición eclesiástica sobre todos os dependentes do Exército e Armada. Adoita ser bispo titular.

Palabras veciñas

Vieussens, Raymond | viga | vigairía | vigairo -ra | Viganò, Vittoriano | Vigarny, Felipe | Vigatá