Vilar de Ferreiros, pazo de
Vilar de Ferreiros, pazo de
Construción situada en Visantoña (Mesía). A planta achégase ao formato en forma de L e presenta na fachada unha torre ameada. Conserva unha solaina con balaústres barrocos. No interior da parte alta da muralla discorre un paseo con balcóns ao exterior. No muro ábrese un portón que conserva un escudo que alude aos Soutomaior e Pimentel.