Villarés, casa de
Villarés, casa de
Construción situada en Vilaza (Gondomar). Ten planta en forma de U cun patio ante a fachada principal. No lado esquerdo conserva unha escaleira que dá acceso ao patín e no corpo central, na parte baixa, destaca un arco carpanel. Na fachada sur destaca un sorportal formado por cinco arcadas e unha solaina cuberta. Conserva unha pedra de armas.