violencia

violencia

(< lat violentĭa)

  1. s f

    Calidade de violento.

  2. s f

    Acción de violar.

  3. s f

    Maneira de proceder enérxica que implica agresividade.

  4. s f

    Forza brusca e devastadora.

  5. s f

    Situación tensa e molesta que fai que unha persoa non se sinta cómoda.

  6. s f [DER]

    Acción violenta ou coacción moral exercida sobre unha persoa para obrigala a unha determinada acción ou omisión. A xurisprudencia e a doutrina distinguen a violencia física (vis absoluta) da coacción moral (vis compulsiva), e castígase como ameaza ou coacción.

  7. movemento de non violencia

    Conxunto de accións políticas pacifistas que, por medio da resistencia pacífica e outros actos non violentos, tentan acadar diversos obxectivos democráticos ou nacionalista. Iniciouno Gandhi en India na década de 1920.