vipérido -da
(< lat científico Vipera)
-
adx
Relativo ou pertencente aos vipéridos.
-
s
m
[ANIMAL]
Serpe da familia dos vipéridos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de réptiles, da suborde dos ofidios, caracterizada pola forma triangular da cabeza, en ocasións provista na parte superior de prominencias semellantes a espiñas ou de cornos, e por ter o tronco macizo e deprimido, e o rabo prénsil, ben diferenciado do resto do corpo. Ten representantes velenosos (proteróglifos) que inxectan o veleno mediante un ou dous dentes anteriores conectados a unhas bolsas de veleno situadas na parte posterior da cabeza. A súa mordedela pode ser moi perigosa ou mesmo mortal. Son ovovivíparos ou vivíparos, e aliméntanse de pequenos vertebrados. Pertencen a esta familia, entre outros, os xéneros Cerastes, Crotalus e Vipera. A súa área de distribución comprende Eurasia, África e América.