vitáceo -a

vitáceo -a

(< lat científico Vitis)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás vitáceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das vitáceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de lianas ou arbustos gabeadores, da orde das ramnais, con follas alternas, xeralmente palmatilobuladas, inflorescencias en acio ou en cima, flores actinomorfas, hermafroditas ou polígamas, tetrámeras ou pentámeras, e xineceo súpero, bicarpelar e bilocular, e froito en baga. Conta con preto de 700 especies, a maioría de rexións cálidas.

Palabras veciñas

Vita Rudesindi | Vita Sanctae Senorinae | 2 vita* | vitáceo -a | vital | Vital | Vitale, Lito