Vivendi Universal
Vivendi Universal
[COMUN]
Grupo de comunicación francés constituído en 2000 a partir de Vivendi, Canal+ e Seagram. Presidido por Jean-René Fourtou, é un dos líderes mundiais na distribución de música, cine, televisión, libros, telecomunicacións e internet. Ten unha forte presenza en España a través da súa participación en Sogecable; en selos musicais como Decca, Deutsche Gramophon ou MCA; e na produción editorial, con Alianza Editorial, Spes (froito da fusión de Larousse España e Vox), Anaya, Cátedra ou Pirámide.