vivo -va
(
-
adx
Que ten vida.
-
adx
Que presenta moita actividade ou movemento.
-
adx
Que entende as cousas rapidamente e actúa con prontitude e eficacia.
-
adx
Que busca o seu propio beneficio e actúa en consecuencia.
-
adx
Que permanece ou segue presente dalgunha maneira.
-
adx
Que se sente con moita intensidade ou forza.
Ex: Notaba unha dor viva.
-
adx
Que destaca e chama a atención, especialmente referido ás cores.
-
adx e s
Que ou quen permanece con vida.
-
adx
Que segue en activo, especialmente referido ao uso ou funcionamento.
-
s
m
Cinta ou bordo ao biés que se coloca como remate nunha costura, xeralmente a xeito de adorno.
-
ser vivo
[BIOL]
Ser ben diferenciado, de forma e dimensións características, constituído basicamente de C, H, O e N, xuntamente con pequenas cantidades doutros elementos químicos, organizados en complexas moléculas orgánicas, constituídas en células. Teñen sensibilidade ante os cambios do ambiente (estímulos), que determinan respostas, e as propiedades de reproducir outros seres idénticos, de medrar e de desenvolver un ciclo vital definido: nacemento, crecemento, madurez e morte.