Vocabulario ortográfico da lingua galega

Vocabulario ortográfico da lingua galega
Nome científico: [VOLGa]
[LING]

ocabulario que pretende ser unha base sólida para o establecemento de parte do léxico estándar galego. Por este motivo non se recolle moito léxico dialectal nin moito léxico das linguas de especialidade. É unha obra que serve de orientación para o uso correcto da lingua galega e un instrumento útil para a súa normalización. Coa finalidade de crear un vocabulario que servise de referencia para a ortografía estándar, en 1987 Antón Santamarina e Manuel González comezaron a traballar, xunto cun grupo de colaboradores, na súa elaboración. Tras varios anos de traballo ininterrompido, en 1989 tirouse unha versión provisional non venal, co obxectivo de mellorar e rectificar o que fose mester; despois de catorce anos de exposición pública, de estudo e revisión das propostas recollidas no VOLGa, publicouse en 2004.

Palabras veciñas

voar | voaxa | vocabulario | Vocabulario ortográfico da lingua galega | vocábulo | vocación | vocacional