Voces Ceibes
Voces Ceibes
[MÚS]
Grupo musical dedicado á canción social e de protesta que naceu en Santiago de Compostela en maio de 1968, coincidindo co inicio das mobilizacións estudantís. Constituído inicialmente por Xavier del Valle, Benedito García, Xerardo Moscoso, Vicente Araguas, Miro Casabella e Guillermo Rojo, tamén formaron parte do grupo Tino Álvarez, Xaime Barreiro Chuspe, Bibiano Morón e Suso Baamonde. Interpretaban textos de autores como Celso E. Ferreiro, Lois Diéguez, Alfredo Conde, G. Rojo ou V. Araguas, cun marcado carácter reivindicativo, polo que foron censurados e perseguidos polo Franquismo, e colaboraron con destacados intépretes da época. Da súa discografía destaca Cerca de mañana (1972), en que participou, entre outros, L. Llach.