voda

voda

(

  1. s f

    Cerimonia en que dúas persoas contraen matrimonio.

    1. s f

      Festa conque se celebra un casamento.

    2. vodas de diamante

      Celebración do sesaxésimo aniversario dunha voda ou doutro acontecemento.

    3. vodas de ouro

      Celebración do quincuaxésimo aniversario dunha voda ou doutro acontecemento.

    4. vodas de platino

      Celebración do septuaxésimo quinto anivesario dunha voda ou doutro acontecemento.

    5. vodas de prata

      Celebración do vixésimo quinto aniversario dunha voda ou doutro acontecemento.

Formas incorrectas

boda

Refráns

  • A que vai á voda e non baila, mellor é que á voda non vaia.
  • A voda do ferreiro cada un vai co seu diñeiro.
  • A voda dos pobres todo é voces.
  • Aínda comen agora do pan da voda, que enche e non engorda.
  • As vodas dos gatos a berros polos tellados.
  • Casamento con foguetes acaba con moquetes.
  • Día de casamento, día de contento.
  • Na voda quen menos come é a noiva.
  • Nin voda pobre nin mortalla rica.
  • Nin voda sen namoros nin enterro sen choros.
  • Nin voda triste nin enterro alegre.
  • Non botes na voda foguetes, que logo podes andar aos moquetes.
  • Non hai voda sen tornavoda.
  • Non lle vaias á voda ao que non che roga.
  • Non pode haber voda, se non hai noivo e noiva.
  • O día da voda deixade a noiva que se compoña.
  • O que non se fai na voda, non se fai a toda hora.
  • O que non vén á voda non vén a toda hora.
  • Todos cantan na voda, menos a noiva, que esa quere rir e chora.
  • Voda boa ou voda mala, o martes na túa casa.
  • Voda de pobres, pouca carne e moitas voces.
  • Voda e mortalla do ceo baixa.
  • Voda e romaría non é para cada día.
  • Voda saca voda.
  • Voda tira loito.
  • Vodas largas, barallas novas.

Palabras veciñas

vociferación | vociferante | vociferar | voda | vodevil | vodka | vodú