vogul

vogul
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo vogul ou á súa lingua.

    Sinónimos: mansi.
  2. s [ETN]

    Individuo do pobo vogul.

    Sinónimos: mansi.
  3. s m pl [ETN]

    Pobo da rama oriental dos fineses que habita nos vales setentrionais dos Urais e nas fragas da beira esquerda do Obi.

    Sinónimos: mansi.
  4. s m [LING]

    Lingua ugria do phylum urálico que fala o pobo vogul.  Distínguense tres dialectos: o setentrional, base da lingua literaria, o central e o meridional. A primeira obra escrita en vogul foi unha tradución dos Evanxeos (1868), en alfabeto latino.

    Sinónimos: mansi.

Palabras veciñas

vogt* | Vogt, Carl Henry | Vogt, Karl | vogul | Voight, Jon | voíña | Voisin, Gabriel