volta

volta

(< lat volŭta, devolūta)

    1. s f

      Acción de xirar.

    2. Acción de percorrer un lugar ao seu redor ata volver ao punto de partida.

    3. Pequeno paseo.

  1. s f [FÍS]

    Percorrido que fai un punto dun corpo cun movemento de rotación arredor dun eixe, a partir dunha determinada posición ata chegar á posición inicial.

  2. s f

    Acción e efecto de regresar.

  3. s f

    Parte posterior de algo.

  4. s f

    Territorio ou zona próxima a un lugar.

  5. s f

    Diñeiro que sobra e que se devolve ao pagar.

  6. s f
    1. Liña curva ou cousa que ten forma curvilínea.

    2. Cambio de dirección ou desvío dun río ou dun camiño.

    3. Rodeo ou percorrido máis longo.

    4. Cambio ou alteración nun proceso, situación ou acontecemento.

  7. [DEP]
    1. s f

      Cada unha das partes en que se divide unha competición deportiva.

    2. volta ciclista

      Carreira de bicicletas que ten lugar en diferentes etapas cun percorrido máis ou menos circular.

  8. s f [METEOR]

    Cambio que fai o tempo.

  9. s f

    Maneira de dicir algo dando moitos rodeos.

  10. s f [MED]

    Trastorno ou indisposición da saúde, normalmente leve e pasaxeiro.

Frases feitas

  • Ata a volta. Saúdo de despedida.

  • Volta de campá. Xiro que dá un automóbil, quedando coas rodas cara a riba.

  • 2 Andar dun lado para outro.

  • 3 Sufrir cambios.

  • Á volta de. Expresión que indica o tempo xa pasado.

  • A voltas con. Expresión que indica que se está metido nun asunto ou que se está dedicado a algo.

  • Dar a volta (a algo). Cambiar a posición ou o sentido de algo.

  • Dar a volta. Volver.

  • Dar volta. Envorcar.

  • Dar voltas (a algo). Estar pensando en algo constantemente.

  • Dar voltas 1 Moverse sen parar

  • De volta. De regreso.

Palabras veciñas

Voloxeso V de Partia | volsco -ca | volt | volta | Volta | Volta | Volta Redonda