voluntarismo
(< voluntario)
-
s
m
[FILOS/PSIC]
Doutrina que prima a vontade sobre o intelecto, tanto no que se refire a unha explicación ou á fundamentación última do universo ou da lei moral, respectivamente, como no tocante ao individuo humano e ás súas facultades. O termo foi cuñado por F. Tonnies en 1883 e difundido por W. Wundt e responde á antiga cuestión sobre a relación entre a razón práctica e a razón teórica; a primacía dunha sobre a outra determina respectivamente o voluntarismo e o intelectualismo. No sentido moral, o voluntarismo que predomina en Kant denominouse voluntarismo ético, discernible tamén en Fichte, en contraposición ao voluntarismo, simplemente dito, de Schopenhauer.
-
s
m
Actitude e comportamento que responden á convición de que a vontade pode facelo practicamente todo.