vombátido -da
vombátido -da
(< lat científico Vombatus, xénero de mamíferos)
-
adx
Relativo ou pertencente aos vombátidos.
-
s
m
[ANIMAL]
Mamífero da familia dos vombátidos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Familia de mamíferos, da orde dos marsupiais, duns 70-120 cm de lonxitude, co corpo arredondado e macizo, cabeza grande e patas curtas, robustas e escavadoras, con cinco dedos nas anteriores e catro nas posteriores. Aliméntanse de vexetais e habitan en Australia e Tasmania.