voseo
voseo
(< cast vos)
s
m
[LING]
Fenómeno morfosintáctico que consiste en utilizar como suxeito de segunda persoa singular a forma vos en lugar de tú. En castelán, ata despois do Siglo de Oro, utilizábase a forma de tratamento vos para distinguilo do tú, que só se aplicaba a persoas consideradas inferiores. Pero tamén existía usted, que estaba reservado a persoas de gran respecto, pero que ao longo do tempo foi gañando o terreo que perdeu a forma vos, que só se utiliza cando se quere imitar a linguaxe arcaica ou para dirixirse a Deus ou aos santos. Non obstante, en Hispanoamérica a forma vos pasou a ocupar o lugar de tú, que quedou sen uso.