votiaco -ca

votiaco -ca
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo votiaco ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo votiaco.

  3. s m pl [ETN]

    Pobo pertencente ao grupo finés oriental, establecido nas terras da actual República dos Udmurtos. Cazadores e agricultores, ata o principio do s XX practicaban o cultivo alterno, vivían en cabanas de terra, con tellado en punta, e utilizaban ferramentas agrícolas de madeira.

  4. s m [LING]

    udmurto.

Palabras veciñas

votación | votante | votar | votiaco -ca | votivo -va | voto | Voto