voz
(< lat voce)
-
s
f
-
[FISIOL]
Son que se emite pola boca e que se produce cando o aire que sae dos pulmóns fai vibrar as cordas vocais.
-
Son proferido polo home, un animal, un instrumento ou un fenómeno natural.
-
[MÚS]
Cada unha das modalidades da voz humana caracterizadas polo timbre e pola textura. Poden ser clasificadas, desde a máis aguda ata as graves, en soprano, mezzosoprano, contralto, tenor, barítono e baixo, e hai algunhas testuras específicas do teatro: soprano coloratura, soprano dramática, soprano lírica lixeira, tenor lírico, tenor bufo, tenor heroico, barítono “Martin”, barítono “Verdi”, baixo cantante e baixo profundo.
-
[MÚS]
Cada unha das partes dun conxunto polifónico vocal ou instrumental.
-
[FISIOL]
-
s
f
Opinión xeral que manifesta unha colectividade determinada, ou medio de expresala.
-
s
f
[LING]
Palabra ou vocábulo.
-
s
f
[LING]
Categoría gramatical do verbo que indica a relación gramatical entre este, o suxeito e o obxecto, en virtude da que o proceso verbal se atribúe ao suxeito considerado como axente ou como paciente. Se o suxeito do verbo é axente da acción do verbo está en voz activa , e a oración que resulta é unha oración activa (A nai estima os fillos). Se o suxeito do verbo (que se constrúe co auxiliar ser e o participio pasado dun verbo transitivo) é, de feito, o obxecto da acción do verbo (é dicir, que o sería, se o verbo estivese en voz activa), o verbo está en voz pasiva , e resulta unha oración pasiva (Os fillos son estimados pola nai). O grego ten outra modalidade de voz, a voz media , en que o suxeito do verbo non é o obxecto.
-
s
f
[DER/POLÍT]
Dereito de falar e de tomar parte nunha deliberación, con independencia da facultade de votar.