Vulcano SA, Factorías
Vulcano SA, Factorías
Empresa fundada en Vigo en 1919 baixo a dirección de Enrique Lorenzo. Naceu como fabricante e reparador de caldeiras de vapor para embarcións pesqueiras e para a industria conserveira. En 1931 comezou a fabricación de locomotoras para RENFE e na década de 1940 os primeiros traballos de construción naval. O primeiro buque realizado con casco de aceiro botouse en 1948. En 1986 pasou a mans de Fernando Santodomingo. En 1993 foi o primeiro estaleiro privado en obter o certificado de calidade ISO 9001 emitido por Det Norske Veritas. O sector das caldeiras, que se ampliou a todo tipo de caldeiras e combustibles tanto para a industria naval e terrestre como para calefaccións domésticas, está centralizado na filial Vulcano-Sadeca SA.