vacúolo

vacúolo

(< lat vacuum)

  1. s m [BIOL]

    esícula intracelular citoplasmática limitada por unha membrana e cuxa función principal é a de almacenamento. Nas células vexetais, polo xeral, hai un único vacúolo que ocupa a maior parte do volume celular e está limitado por unha membrana denominada tonoplasto. O contido do vacúolo está formada por auga e sales inorgánicos, azucres e outras substancias. A súa función, ademais da de reserva, é a de controlar a turxencia da célula vexetal. Os vacúolos das células animais son pequenos e poucos numerosos, teñen función de reserva e interveñen na fagocitose de partículas.

  2. s m [XEOL]

    Cavidade que aparece nos cristais formando inclusións, sen ningunha orientación preferente e parcialmente chea de líquido.

Palabras veciñas

vacuidade | vacún, vacúa | vacuo -cua | vacúolo | vacuoma | vacuómetro | vade retro*