valerianáceo -a
valerianáceo -a
(< lat científico Valeriana)
-
adx
Relativo ou pertencente ás valerianáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das valerianáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de plantas herbáceas ou raramente arbustivas con follas opostas, simples ou pinnadas, flores pentámeras, asimétricas, xeralmente hermafroditas, con poucos estames e entomófilas, e froitos en aquenio con vilano. Son propias do Hemisferio Norte e dos Andes.