valón, valoa
(< al Felche < al antigo walah)
-
-
adx
Relativo ou pertencente a Valonia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
Natural ou habitante de Valonia.
-
adx
-
[ETN]
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo valón.
-
s
Individuo do pobo valón.
-
s
m pl
Pobo de orixe celta establecido nas terras meridionais de Bélxica, na rexión das Ardenas e arredor do Mosa. Romanizado, formou parte da provincia romana de Bélxica. O nome (valah) foille dado polos pobos xermánicos veciños. A súa historia é común coa de Países Baixos ata a creación do estado de Bélxica en 1830. O predominio dos valóns ou dos flamengos en Bélxica mantense desde entón.
-
adx
-
s
m
[LING]
ariedade da lingua de oïl, con influencias das linguas xermánicas, que se fala en Bélxica, en Doncols e Soulez (Luxemburgo), en parte de Francia e en lugares fronteirizos de Flandres.
-
literatura valoa
[LIT]
Literatura cultivada en valón. A mediados do s XII apareceron os primeiros textos en valón, constituídos por crónicas e outros de carácter relixioso. No s XVII produciuse un maior cultivo da literatura en dialecto liexés, sobre todo en poesía: Somnet Lidjwés (1622) e os pasquèyes (pasquíns). Isto incrementouse durante o s XVIII, e debido ao éxito da ópera cómica en Liexa, escribíronse numerosos libretos, como Li voyadje di Tchaudfontaine (1757). A poesía tivo unha época de esplendor no s XIX con autores como N. Simonon, F. Bailleux e N. Defrêcheux. Grazas á creación da Société de Littérature Wallonne en 1856 produciuse lugar unha forte renovación. Simultaneamente xurdiron escritores doutras rexións como Namur e Hainaut, e na fin do século destacaron o poeta H. Simon e o dramaturgo E. Remouchamps. Durante o s XX a literatura en valón desenvolveuse moito cos prosistas H. Petrez, d’Hainaut e J. Calzet, de Namur, L. Mahy e L. Maret; os poetas J. Guillaume, F. Dewandelaer, W. Bal, E. Gilliard; e os dramaturgos F. Roland, G. Charles e F. Masset.
-
música valoa
[MÚS]
Arte musical cultivada en Valonia. As súas orixes confúndense coas da música francesa por ter formado parte na baixa Idade Media e durante o Renacemento, da escola franco-flamenga, onde destacaban autores como G. Dufay e G. Binchois. Na época renacentista cómpre mencionar a Roland de Lassus e Clemens non Papa (Jacques Clémens). No s XVIII destacaron J. N. Hamal e a familia Fiocco, de orixe italiana, entre outros. Houbo unha serie de compositores que traballaron en París, entre os que sobresaíron A. M. Grétry, autor de óperas cómicas, e F.-J. Gossec. No s XIX destacan o musicólogo e compositor F. J. Fétis e, sobre todo, o compositor César Franck, que encabezou a chamada escola franco-belga de compositores da última parte do século. Dentro deste grupo están os irmáns Ysaÿe e o violinista Crickboom. No s XX houbo unha serie de músicos valóns influídos por Wagner como E. Tinel, P. Gilson, J. Absil, F. Quinet, M. Quinet, R. Chevreuille e A. Hoerée. A musicoloxía estimulada por Fétis e o flamengo F. A. Gevaert tivo certo éxito neste período.