vicerreinado
(< vice- + reinado)
-
s
m
[HIST/DER]
Dignidade ou cargo de vicerrei. A súa orixe remóntase aos ss XV e XVI, cando foi creado pola Coroa de Aragón. Nos territorios hispánicos en Europa existiron os vicerreinados de Galicia, Navarra, Aragón, Catalunya, València, Mallorca, Nápoles, Sicilia e Sardeña. Os Reis Católicos crearon o vicerreinado das Indias, a cargo da familia Colón. Posteriormente este foi dividido en dous: o de Nueva España (1535) e o de Perú (1542), e durante o s XVIII constituíronse os de Nueva Granada (1717) e o de Río de La Plata (1777). Os primeiros en desaparecer foron os da Coroa de Aragón, ao aprobar Filipe V os Decretos de Nueva Planta; logo os italianos, ao perderse estes territorios durante a Guerra de Sucesión Española e, posteriormente, os indianos, que desapareceron paralelamente á dominación española sobre estes territorios. O de Navarra mantívose ata a reforma de 1842, cando o antigo reino pasou a transformarse en provincia.
-
s
m
Tempo de goberno dun vicerrei.
-
s
m
Territorio sometido á xurisdición dun vicerrei.