vizconde, vizcondesa

vizconde, vizcondesa

(< lat tardío vice comitis ‘en lugar do conde’)

  1. s m [HIST]

    Dignatario ou funcionario do Imperio Carolinxio que estaba ao servizo dun conde, xeralmente na capital ou no pagus do condado. Coa patrimonialización das funcións, o cargo foi hereditario desde comezos do s X, e o seu primitivo carácter funcional transformouse en honorífico e feudal. Entón, os vizcondes comezaron a adoptar, non o nome de condado ou do pagus no que exercían os seus cargos, senón o dalgunha das súas posesións alodiais ou feudais, xeralmente a máis importante.

  2. s
    1. [HIST]

      Título nobiliario que na escala xerárquica está enriba do barón e por debaixo do conde.

  3. s [HIST]
    1. [HIST]

      Título nobiliario que na escala xerárquica está enriba do barón e por debaixo do conde.

Palabras veciñas

Vixoi | Vizcaíno Casas, Fernando | vizcondado | vizconde, vizcondesa | Vizianagaram | vizo | Vizoño