xansenismo

xansenismo

(

s m [RELIX]

Movemento doutrinal e relixioso, difundido nos s XVII e XVIII nos Países Baixos, Francia, Alemaña e Italia que marcou a espiritualidade católica coetánea e posterior. As ideas de C. Jansen están expostas no Augustinus. Sobre a base da teoloxía agostiña, propugnaba un rigorismo moral radical e combatía duramente o molinismo. Perseguidos en Francia, refuxiáronse nos Países Baixos onde crearon unha igrexa cismática (1723).

Palabras veciñas

Xano | Xano | Xanrozo | xansenismo | xansenista | xant(o)- | 1 xantar