xanteno
xanteno
(
-
s
m
[QUÍM]
Composto heterocíclico de estrutura tricíclica. O seu esqueleto forma parte dun gran número de colorantes.
-
colorantes de xanteno
[QUÍM]
Familia de colorantes sintéticos que consisten nun núcleo de xanteno substituído con grupos auxocromos, especialmente amino, hidroxiamino e hidroxi, nas posicións 3 e 6. Os máis importantes son a fluoresceína, a eosina e as rodaminas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].