xileno
xileno
(< xil- + -eno)
s
m
[QUÍM]
Cada un dos tres compostos isómeros (orto, meta e para) que se dan no alcatrán do carbón, e derivan formalmente do benceno por substitución de dous dos seus átomos de hidróxeno por grupos metilo. Obtense por destilación fraccionada de aceites minerais lixeiros ou por reforming catalítico do petróleo. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].