1 xilin

1 xilin

(

  1. s m [ECON]

    Moeda fraccionaria británica, equivalente á vixésima parte dunha libra esterlina e a doce peniques ata 1971, cando foi introducido o sistema decimal e desapareceu. A partir de entón a libra quedou fraccionada en 100 novos peniques.

  2. s m [ECON]

    Unidade monetaria de Kenya (xilin kenyano), Tanzania (xilin tanzano), Somalia (xilin somalí) e Uganda (xilin ugandés).

Palabras veciñas

xilento | xílgaro | Xiliao He | 1 xilin | 2 xilin | xilistro -tra | Xillao