xograr, xograresa

xograr, xograresa

(< provenzal joglar)

s [LIT]

Artista medieval cortesán que desempeñaba múltiples funcións, desde o acompañamento musical ata a interpretación de composicións, fundamentalmente alleas. Relacionados con medios populares e aristocráticos, transmitían narracións e outros tipos de textos, especialmente dos trobadores. Na segunda metade do s XIII comezaron a crear os seus propios textos e pasaron a denominarse segreis. Diferenciáronse dos trobadores fundamentalmente pola súa orixe social de menor rango.

Palabras veciñas

Xogo de Pelota, xuramento do | xogoral | Xogos Florais | xograr, xograresa | xograresco -ca | xograría | xoguechar