Xudite

Xudite
[RELIX]

Heroína xudía. Personaxe central do Libro de Xudite (ss II-I a C), o relato situouse na época de Nabucodonosor (s VII a C), cando o seu xeneral Holofernes, segundo a lenda, sitiou a cidade de Betulia. Entón Xudite, viúva de Manasés, compareceu diante do Rei Osías e prometeu liberar o seu pobo. Dirixiuse ao campo dos asirios acompañada dunha criada e conseguiu emborrachar e durmir a Holofernes, momento que aproveitou para cortarlle a cabeza, que ocultou dentro dunha pelella de viño. Ao seu regreso amosoulle a cabeza aos israelitas, que a expuxeron á vista dos seus inimigos nunha amea das murallas. Vendo morto o seu xefe, os asirios fuxiron e a cidade recuperou a liberdade.

Palabras veciñas

xudicial | Xudit | Xudite | Xudite | Xudite, Libro de | xuga | xugada