xustillo

xustillo

(

  1. s m [INDUM]

    Peza do traxe tradicional feminino que parece un chaleco moi axustado, xeralmente con varas, coas costas moi entalladas e marcado escote, que se pode axustar por diante ou por detrás cun cordón. Serve para soster o peito e os laterais e pode ser unha peza exterior ou interior. En caso de que sexa exterior presenta un tecido máis coidado, como baeta, pano ou lenzo e unha decoración máis luxosa e con máis cores. Cando é unha peza interior emprega tecidos máis simples como o candil.

  2. s m [MED]

    Aparato ortopédico, de tecido elástico, plástico ou elaborado sobre o enfermo con xeso, que se utiliza para mellorar as enfermidades da columna vertebral ou para inmobilizala despois dunha intervención cirúrxica ou dalgún traumatismo.