Xustino, san o Filósofo

Xustino, san o Filósofo

(Flavia Neápolis, actual Nāblus, Cisxordania 100? - Roma 165?) Apoloxista e mártir. Filósofo platónico, converteuse ao cristianismo, que intentou xustificar coas súas teorías. Abriu unha escola filosófica en Roma. A súa obra conservouse en Apoloxía Primeira, Apoloxía Segunda e o Diálogo co hebreo Trifón. Denunciado por cristián, ao negarse a destruír os deuses pagáns, foi decapitado. Iconograficamente representouse envolto no palio, ao xeito dos filósofos antigos, con parte do peito sen cubrir e como atributo unha espada, símbolo do seu martirio. A súa festividade celébrase o 1 de xuño.

Palabras veciñas

Xustiniano II o Rinotmeto | Xustino I o Vello | Xustino II o Novo | Xustino, san o Filósofo | Xustino/Xustina | xustiza | xusto -ta