zooxeografía

zooxeografía

(< zoo- + xeografía)

s f [ZOOL/XEOG]

Estudo das distribucións xeográficas dos animais en relación aos continentes que ocupan. Considéranse tres áreas principais de distribución da fauna que se diferencian pola deriva dos continentes. A área dos continentes setentrionais (Europa, Asia e a América do Norte), África e Indochina; a área de América Central e do Sur e a área formada polo continente de Australasia con todas as illas, que ten unha fauna moi diferenciada da das outras porque Australia se separou durante o Cretáceo. Unha vez separados os continentes pola acción do clima e doutros factores, algunhas especies animais desapareceron dos continentes e outras diverxeron evolutivamente, polo que se iniciaron en moitos casos procesos de especiación. Cada unha das áreas zooxeográficas cunha fauna indíxena característica, de acordo coa evolución xeolóxica do continente e a evolución biolóxica nas condicións climáticas e bio­xeográficas dadas.

Palabras veciñas

zoótropo | zooxantela | zoóxeno -na | zooxeografía | zopilote | zopo -pa | Zoppo, Marco