zapato

zapato

(< turco zabata)

s m

Calzado de coiro, feltro ou doutros materiais que cobre o pé ata o nocello. A sola pode ser de coiro ou goma. O zapato baixo está constituído, especialmente os feitos a man, polas seguintes pezas: a sola, a biqueira, a empeña, a lingüeta e o calcañar; porén o zapato alto ten dúas pezas máis: o tirante e a cana. É unha das pezas fundamentais do traxe tradicional de gala tanto masculino como feminino, especialmente das vilas. O zapato feminino ten o tacón baixo e adoita levar unha fibela sobre a amalloeira.

Refráns

  • A zapato vello, bigote ira nova.
  • O que leva zapatos brancos en xaneiro, ou non ten outros ou non ten diñeiro.

Palabras veciñas

zapatería | zapatilla | zapatilleiro -ra | zapato | zapatón | zapear | Zapeaus