zeppelín
zeppelín
(< antropónimo Zeppelin)
s
m
[AERON]
Tipo de dirixible de estrutura e cuberta metálica que empregaba o hidróxeno ou o helio como gas para inflar os globos sustentadores do aparato. Foi ideado e construído polo conde Ferdinand von Zeppelin, que logrou o seu primeiro voo o 2 de xullo de 1900. Durante a Primeira Guerra Mundial foron empregados nos ataques aéreos alemáns e tras a guerra fixeron voos comerciais, dos que destacan os primeiros transoceánicos do Graf Zeppelin (1928) e o Hindenburg (1936) ata o inicio da Segunda Guerra Mundial, aínda que tiveron serios problemas de seguridade que produciron algúns accidentes, como o do Hindenburg en 1937.