Zeus
Deus da mitoloxía grega, fillo de Cronos e Rea. Seu pai adoitaba comer os seus fillos ao nacer, pero a nai salvouno e confioullo a unhas ninfas en Creta ou en Arcadia, que o criaron nunha cova. Adulto, destronou o seu pai. Era un deus do ceo, e posiblemente el e Posidón tiveron un papel moi importante na masculinización da relixión grega de época histórica, en tensión cos modelos femininos da relixión mediterránea que os indoeuropeos atoparon en Grecia ao chegar. Desde a época arcaica é unha divindade especialmente vinculada a conceptos como o de xustiza. Foi o deus máis venerado en Grecia e en Roma identificouse con Xúpiter. Represéntase barbado e xeralmente espido, ou parcialmente cuberto cunha capa se aparece sentado maxestosamente nun trono.