zhou*

zhou*
Nome científico: [Wade: chou]
  1. adx

    Relativo ou pertencente á dinastía zhou.

  2. s [HIST]

    Membro da segunda dinastía chinesa (1122? - 1221 a C), orixinaria probablemente de Shanxi, ao NO de China, que conquistou os territorios do val do Huang He dominados polas dinastías shang (1122?). Seminómades, adoptaron a cultura chinesa. Ante a imposibilidade dunha administración centralizada, a causa da falta de comunicacións, o territorio foi repartido entre os príncipes reais e xenerais adeptos. Axiña, algúns se independizaron e se apoderaron da primitiva capital occidental de Hao (preto de Xi’an) cara ao 771 a C. A dinastía refuxiouse en Luoyang, en China Oriental. Durante os ss V-III a C), no período dos Reinos Combatentes, a causa da loita declarada pola hexemonía, a sociedade chinesa experimentou transformacións profundas grazas á aparición da fundición e a forxa (513 a C) e o arado tirado por animais. Destacou o príncipe Qinshi Huangdi, que se apoderou de Sichuan e fundou o imperio qin (221 a C).

Palabras veciñas

Zhou Dunyi | Zhou Enlai | Zhou Zhuren | zhou* | Zhoukou | Zhoukoudian | Zhoukouzhen