zoca
zoca
(< zoco)
-
s
f
[INDUM]
Calzado tradicional galego de madeira e dunha soa peza que se emprega nos labores diarios de homes e mulleres. Ten tacón e punta redondeada, pero o seu aspecto exterior pode variar dependendo da zona, especialmente a cor, que pode ser natural, abrancazada, negra, vermella ou tallada. Nas zonas de alta montaña adoita levar cravos no piso para suxeitarse mellor ao chan e coñécese como zoca ferrada. A función deste calzado é o de protexer o pé da humidade e da lama cando se sae da casa por períodos breves de tempo. As zocas non se utilizan directamente sobre o pé descalzo, senón sobre escarpíns ou zapatillas. SIN: abarca, galocha, madreña, 2 madroña.
- s f [INDUM]