zoco
(< lat soccu)
-
s
m
[INDUM]
Calzado tradicional galego que forma parte do traxe de faena masculino e feminino. Cobre o nocello e está formado por unha sola de madeira chamada pau á que se unen unha serie de pezas de coiro mediante uns cravos ou chatolas. A parte flexible está formada por unha peza dianteira ou pala, unha traseira ou cana, a porta ou lingüeta e a amalloeira. Todas estas partes están cosidas entre si con fío de cánabo e leva dous reforzos de coiro, un na dianteira e outro no calcañar ou talón. Átanse cunhas tiras finas de coiro que se chaman amallós e empréganse medias grosas de la para evitar rozaduras. A sola pode levar unha lamia fina de ferro para prolongar a duración da mesma e nas zonas de alta montaña existe o zoco ferrado, que leva uns cravos no piso para que se agarre mellor ao chan e adoitan complementarse coas polainas de coiro. Os das mulleres adoitan ir tinguidos de negro e reciben o nome de botinas. SIN: chanca, galocha, zoca.
-
s
m
Calzado coa sola grosa de madeira ou doutro material que está aberto polo calcañar.