zorra

zorra
  1. s f

    Plataforma provista ou non de rodas que se usa para arrastrar pesos.

  2. s f

    Especie de caixón que escorrega para transportar cousas ou persoas.

  3. s f

    ehículo provisto de patíns ou de esquís en lugar de rodas que se despraza esvarándose sobre a neve ou o xeo, tirado por cabalos, renos ou cans. Usado normalmente como medio de transporte e de locomoción nos países nórdicos, distínguense dous tipos: a zorra lapona dun só patín, e a zorra de dous patíns, difundido por outras zonas.

Formas incorrectas

trineo

Palabras veciñas

Zorobabel | zorollo | zoroño -ña | zorra | zorrega | zorregada | zorregar