Ferros, ponte dos

Ferros, ponte dos

Construción situada nas Pontes de García Rodríguez sobre o río Eume. Serve de acceso ao centro histórico. Construída a finais do s XIII ou principios do s XIV, ten dous arcos desiguais, un oxival e outro de medio punto. Engadíronse unhas varandas de ferro cando foi acondicionada para a circulación de vehículos.

Palabras veciñas

ferroproteína | ferrorresoante | ferrorresonancia | Ferros, ponte dos | ferrosilicio | ferroso -sa | ferroterapia