ferrotipia
ferrotipia
(< ferro + gr τυπία, deτύπος ‘tipo, copia’)
s
f
[IND/ARTE]
Técnica fotográfica que se empregaba para obter probas positivas directas a partir dun negativo. Inventada por Adolphe Alexandre Martin en 1852, consistía en estender unha capa fotosensible de colodión nunha fina placa metálica, cuberta con verniz negro ou marrón escuro. O revelado realizábase cunha mestura de sulfato de ferro, ácido acético e alcol; a imaxe positiva aparecía polo branqueamento con bicloruro de mercurio.