fertirrigación
fertirrigación
(< fértil + irrigación)
s
f
[AGR]
Técnica de aplicación de fertilizantes químicos en disolución acuosa mediante a auga de rego. Este sistema ten como vantaxes: permitir axeitar a administración de nutrintes ás necesidades das plantas en cada momento do seu desenvolvemento; a comodidade de aplicación dos fertilizantes e a redución de man de obra necesaria; e o aforro de fertilizantes e de auga.