festón

festón

(< ital festone)

  1. s m [ARTE]

    Motivo decorativo que adopta a forma dunha grilanda de flores e froitas que colga de xeito ondulado.

    Sinónimos: colgante.
  2. s m [ARTE]

    Motivo decorativo que consiste nun perfil ondulado ou con punta.

  3. s m

    Bordado no bordo dunha tea coas puntadas moi unidas e formando un nó, de xeito que pode recortarse a tea sen que se desfíe.

Palabras veciñas

Festival, El | festividade | festivo -va | festón | festonado -da | festonar | Festos