Fía na roca
Fía na roca
[MÚS]
Grupo de folk galego contemporáneo xurdido en 1993 integrado por Xiao Rodríguez (guitarra acústica, mandolina, mandola), Carlos Castro (batería, percusión), Xosé Ramón Vázquez (teclados, piano, acordeón), Roberto Santamarina (violín), Cris Gándara (baixo eléctrico), Sonia Lebedynski (voz) e Xabier Bueno (gaita galega, saxo soprano e tenor, Low Whistles). Combina a tradición de Galicia coas novas tendencias e da súa discografía destaca Fía na roca (1993), Agardando que pase algo (1997) e Contravento (2001).